Vox populi

É unha opereta rock representada pola compañía Malasombra, que trata na base do renacemento do fascismo, que representan intelixentemente no momento en que todo o elenco enmascarado, canta aquilo de “nunca marchamos, estabamos aí agochados, agardando…” un momento como o actual. Após pulir algún erro, propio das primeiras representacións , estou seguro de que este … Ler máis

As bestas

Di Chesterton, nun seu relato A candidez do Padre Brown, algo así como que o criminal é o artista creativo e o investigador do crime un simple crítico. Non concordo: acho que o criminal é un sublime imbécil. Se teñen dúbidas observen atentamente unha foto do “trio dos Açores”. A investigadora é alguén que ten … Ler máis

Trois couleurs

Trois couleurs é unha tríloxía cinematográfica do director polaco Krzysztof Kieślowski, que é responsable do guión con Krzysztof Piesiewicz. A música , fundamental nos filmes, é composta por Zbigniew Preisner. A primeira película é Bleu, protagonizada por Juliette Binoche, desenvolve a acción en Francia e xira en torno á dor dunha muller que perde a … Ler máis

Blanco nocturno

É unha novela de Ricardo Piglia, editada por Anagrama en 2010, que xira en torno a un asesinato que non será resolto e investigado por un comisario que pasa breves tempadas nun manicomio no que remata a súa investigación. Alí resolve o crime coa colaboración tanxencial dun xornalista que sabe todo e non conta nada. … Ler máis

Blanquita

É un filme do director chileno Fernando Guzzoni que está inspirado no caso Spiniak ligado á pederastía, a prostitución e violación de menores por empresarios e políticos en Chile a comezos do século. É difícil non rematar o visionado do filme sen un groso nó nas tripas. Un guión excelente desenvolve a descrición do mundo … Ler máis

Sofia Gubaidulina

É unha prolífica compositora nada en 1931 na Unión Sovietica. As súa tendencias musicais vangardistas tiveron como consecuencia unha tormentosa relación coa ortodoxia e a súa reprobación en 1979, que, finalmente, a levaría a fixar a súa residencia en Alemaña en 1992, sen por iso ter deixado de compoñer e publicar ao longo de todo … Ler máis

Na estrada

Título orixinal On the road, de Jack Keouac, editado en 1957 e traducido por Xesús Fraga en 2020 editado por Kalandraka editora. É un dos manifestos da xeración beat. Narrada por Sal Paradise conta a vida na estrada do protagonista e Dean Moriarty, após o final da segunda guerra mundial nos Estados Unidos desde o … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario