As bestas

Di Chesterton, nun seu relato A candidez do Padre Brown, algo así como que o criminal é o artista creativo e o investigador do crime un simple crítico. Non concordo: acho que o criminal é un sublime imbécil. Se teñen dúbidas observen atentamente unha foto do “trio dos Açores”. A investigadora é alguén que ten … Ler máis

Trois couleurs

Trois couleurs é unha tríloxía cinematográfica do director polaco Krzysztof Kieślowski, que é responsable do guión con Krzysztof Piesiewicz. A música , fundamental nos filmes, é composta por Zbigniew Preisner. A primeira película é Bleu, protagonizada por Juliette Binoche, desenvolve a acción en Francia e xira en torno á dor dunha muller que perde a … Ler máis

Blanquita

É un filme do director chileno Fernando Guzzoni que está inspirado no caso Spiniak ligado á pederastía, a prostitución e violación de menores por empresarios e políticos en Chile a comezos do século. É difícil non rematar o visionado do filme sen un groso nó nas tripas. Un guión excelente desenvolve a descrición do mundo … Ler máis

Living

É un filme de 2022 dirixido por Oliver Hermanus sobre un guión de Kazuo Ishiguro para o filme de 1952 de Akira Kurosawa Ikiru, que estaba inspirado na novela de León Tolstoi A morte de Ivan Ilyich. É unha produción da subsidiaria británica da Lionsgate, impecable en canto a recreación do mundo pequeno-burgués de Londres … Ler máis

Jacinto

É un filme galego de Javi Camino que narra un drama rural provocado pola colisión de dous mundos tan góticos como enfrentados. Hai que agradecer a disolución dos clichés cos que se adoita representar ese dous mundos. Aquí non hai nin meigallos, nin santas compañas para transmitir o negro da Galiza alcumada “profunda”, nin blackmetal … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario