Blanquita

É un filme do director chileno Fernando Guzzoni que está inspirado no caso Spiniak ligado á pederastía, a prostitución e violación de menores por empresarios e políticos en Chile a comezos do século.

É difícil non rematar o visionado do filme sen un groso nó nas tripas.

Un guión excelente desenvolve a descrición do mundo en que se executan os crimes e o papel que xogan -non precisamente os criminais, nin as súas vítimas- senón quen os rodea: os traballadores sociais, os curas e os bispos; os xuíces, fiscais e avogados; os xornalistas, as políticas…

Filme de visionado moi recomendabel para quen non quere mirar para outro lado, que deixa unha frase certamente lapidaria: “Eles poden violar, nós non podemos mentir”.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario