Jacinto

É un filme galego de Javi Camino que narra un drama rural provocado pola colisión de dous mundos tan góticos como enfrentados.

Hai que agradecer a disolución dos clichés cos que se adoita representar ese dous mundos. Aquí non hai nin meigallos, nin santas compañas para transmitir o negro da Galiza alcumada “profunda”, nin blackmetal vampírico para amosar a transgresión. O personaxe de Millán, un pinkfloid con mundo, actúa como disolvente do primeiro e a emigrada retornada do segundo.

A película é catalogada como de terror, pero en realidade estamos ante un drama no que o terror non aparece por parte algunha, non sendo pola personaxe de Millán, ese medo tan “normal”; o que si hai é unha certa forma de comedia negra, sarcástica, na que Pedro Brandariz era un xenio.

O elenco, irregular (no que sobresaen o protagonista, que infelizmente xa non está con nos, e a nai do propio director, Pilar Miguelez), está ao servizo dun guión moi ben desenvolvido.

Chamoume a atención todo o relacionado co vestiario e os elementos de atrezzo: marabillosos os xoguetes de Jacinto, o colar de Martiño, o coche que conduce o protagonista, o paquete de Celtas, a decoración dos espazos… un excelente traballo de produción deses dos que non se fala, pero que se ven.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario