Living

É un filme de 2022 dirixido por Oliver Hermanus sobre un guión de Kazuo Ishiguro para o filme de 1952 de Akira Kurosawa Ikiru, que estaba inspirado na novela de León Tolstoi A morte de Ivan Ilyich.

É unha produción da subsidiaria británica da Lionsgate, impecable en canto a recreación do mundo pequeno-burgués de Londres na década de 1950.

Un drama, lacrimóxeno por momentos, de interpretación correcta: Corrección e flema british a moreas para representar un mundo vello que vai cara á morte contra a que resiste unha mocidade que quere vivir. En 1950 como antes, como depois, como agora mesmo.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario